Saltar ao contido
A tenda abre moi pronto
← Volver a Consellos
Cans

Primeiro día do cachorro na casa: manual de supervivencia

Chega pequeno, nervioso e con ganas de trabalo todo. Como preparar a casa e que facer as primeiras horas para que o teu cachorro se sinta seguro desde o principio.

Primer día del cachorro en casa: manual de supervivencia

Traer un cachorro á casa é unha desas alegrías que se lembran sempre. Para el, porén, é un cambio enorme: deixou a súa nai, os seus irmáns e todos os cheiros que coñecía. Uns días de preparación farán que a aterraxe sexa moito máis suave.

Antes de que chegue

Revisa a casa coma se tiveses un bebé que gatea: cables, produtos de limpeza, plantas que poidan ser tóxicas, zapatos e calquera cousa pequena que poida tragar. O que estea á súa altura será trabado.

  • Unha cama cómoda nun recuncho tranquilo, non no medio do paso.
  • Comedeiro e bebedoiro estables.
  • O mesmo penso que comía antes, para non cambiarlle a dieta de golpe.
  • Colar ou arnés da súa talla, correa e chapa identificativa.
  • Xoguetes para trabar axeitados para cachorros.
  • Empapadores e produtos de limpeza para os accidentes, que haberaos.

As primeiras horas

Deixa que explore ao seu ritmo, sen multitudes. Sabemos que toda a familia e media veciñanza queren coñecelo, pero o primeiro día convén que sexa tranquilo. Apréndelle onde está a súa auga, a súa cama e o sitio onde pode facer as súas necesidades.

Os cachorros necesitan saír a miúdo, sobre todo despois de comer, de xogar e de espertar. Cada vez que acerte, felicítao. Cando se equivoque, limpa sen rifar: aínda está aprendendo.

A primeira noite

É normal que chore. Está só por primeira vez. Axuda moito que a súa cama estea preto de ti, polo menos os primeiros días, e que teña algo que cheire á súa camada ou a ti. Co tempo poderás ir afastándoa se o prefires.

As primeiras semanas

Establece rutinas de comida, paseo e descanso desde o principio. Os cachorros dormen moitísimo e necesítano: respecta as súas sestas.

Pide cita co teu veterinario nos primeiros días para unha revisión xeral e para que che indique o calendario de vacinas, a desparasitación e cando pode empezar a saír á rúa e relacionarse con outros cans. E vai presentándolle aos poucos ruídos, persoas e situacións novas, sempre de forma positiva.

En Petuki tes camas, comedeiros, xoguetes para cachorros e todo o que necesitas para preparar a súa chegada.