Saltar ao contido
A tenda abre moi pronto
← Volver á Guía
CansRevisado en novembro de 2026

Se o teu can morde a alguén: que facer e que responsabilidade tes

Pode pasar mesmo co can máis bo. Os pasos que hai que dar, o que di a lei e por que o seguro importa tanto.

No momento

  • Controla o teu can e apártao.
  • Atende a persoa e, se a ferida é seria, chama ao 112.
  • Intercambiade datos: nome, teléfono e, se hai, os das testemuñas.
  • Ten a man os papeis do can: microchip, vacinas e seguro.

A túa responsabilidade

Quen ten o animal responde dos danos que cause, aínda que se lle escape (Código civil, art. 1905). Se tes seguro de responsabilidade civil, avisa axiña a túa aseguradora. Se o can é potencialmente perigoso, o seguro é obrigatorio.

Observación veterinaria

Tras unha mordedura, moitas comunidades autónomas obrigan a que un veterinario observe o can durante un tempo, que adoita ser duns 14 días, para descartar a rabia. Indicarancho o centro de saúde, a policía ou o teu concello. Cumprilo é obrigatorio.

Despois

Se mordeu unha vez, pode volver pasar. Fala co teu veterinario e cun especialista en comportamento para entender por que e traballalo. Un can que agrediu pode ser declarado potencialmente perigoso pola autoridade (Real decreto 287/2002, art. 2.2).